Preparación
O meu método para preparar a Oposición ao corpo de Profesores de Ensino Secundario - Especialidade Tecnoloxía - Galicia
O meu método para preparar a Oposición ao corpo de Profesores de Ensino Secundario - Especialidade Tecnoloxía - Galicia
Cada quen debe empregar o método que máis lle conveña segundo as súas carcaterísticas. Eu cóntovos como o fixen eu e os meus consellos.
En gran parte, a clave está en superar a Proba 1: é onde se elimina máis xente.
A Proba 2 require práctica e moita claridade pedagóxica, pero a competencia é menor, pois poucas persoas pasan a esta segunda fase. En Galicia e habitual que só pase un número de persoas pouco superior ao número de prazas. En Tecnoloxía moitas veces són un 10-20% máis persoas ca prazas
Os méritos axudan, pero non substitúen unha boa oposición. Só se suman ao final, polo que o importante é chegar ata ese punto
Non te compares: céntrate no teu proceso e aproveita os teus puntos fortes
A preparación é unha carreira de fondo, non un sprint
Na miña opinión, e dada a estrutura do concurso-oposición e o xeito habitual de proceder dos tribunais en Galicia, penso que o mellor xeito de proceder é:
Priorizar a parte A da Proba 1. É fundamental, pois ten máis peso nesta proba e onde peores notas acadan as persoas candidatas (recordade que o que buscamos é pasar este primeiro corte)
A variedad de exercicios é moi ampla, pero o nivel de esixencia non é elevado (nivel bacharelato ou 1º curso universitario) polo que é asumible
Acadar unha boa nota nesta parte é definitivo para avanzar no proceso
Na parte B da Proba 1 hai que seleccionar, pois o temario é amplo e variado. Debemos elixir aqueles temas da nosa preferencia. É relativamente asequible acadar un aprobado nesta parte. Debes pensar en:
Cantos temas preparar
Probabilidades de que saia algún dos elixidos
O desenvolvemento da Proba 2 (parte didáctica) depende do número de persoas que acaden esta 2ª fase, pero normalmente non son moitas máis que prazas. Obviamente hai que superar a proba e algunhas persoas poden quedar eliminadas, pero na miña opinión competimos contra nós mesmos
De inicio, para priorizar, prepara unha programación básica
Non tolees facendo unha programación brillantísima, pois se non consegues pasar a primeira proba non servirá de nada
Na miña experiencia, centrei o meu tempo e esforzos en preparar a oposición aproximadamente na seguinte proporción:
60% exercicios (parte A da Proba 1)
20% temas (parte B da Proba 1)
20% programación e unidade (Proba 2)