ExERCICIOS
Exercicios tipo para preparar a Oposición ao corpo de Profesores de Ensino Secundario - Especialidade Tecnoloxía - Galicia
Exercicios tipo para preparar a Oposición ao corpo de Profesores de Ensino Secundario - Especialidade Tecnoloxía - Galicia
O exame correspondente á Parte A da Proba 1 é un exame práctico, que segundo se indica na última orde de convocatoria de oposicións consistirá na resolución de:
Cuestións e/ou problemas propostos polo tribunal relacionados co temario ou currículo que se vai impartir nas etapas de ensino secundario obrigatorio e bacharelato.
O tempo para a realización do exercicio será o que estableza o tribunal, sen que poida exceder as tres horas
Normalmente incorpora varios exercicios ou problemas de diversas temáticas. Hai uns anos era habitual que tivese 4 ou 5 problemas, mais nas últimas convocatorias está composto por 9 ou 10.
As temáticas son variadas, pero podemos clasificalos en varios bloques:
Tamén pode haber algunhas outras temáticas menos habituais. Cada quen pode clasificar como queira, isto é só unha proposta parta poñer un pouco de orde, aínda que todo está interrelacionado.
Electricidade: CC, CA e Trifásica
Máquinas eléctricas: Motores e Transformadores
Electrónica
Electrónica dixital
Pneumática e hidráulica
Sistemas de control
Termodinámica
Materiais
Resistencia de materiais - Estruturas
Mecanismos
Debuxo
Pódeslle chamar formulario, recetario, resumo ou como queiras, pero é fundamental que teñas un documento elaborado por ti no que recolles todos os conceptos e fórmulas que precisas para resolver os problemas. O meu consello é que o elabores a medida que vas repasando os distintos bloques de exercicios.
É unha ferramenta moi útil para facer exercicios de práctica e repasar o que debes saber para o exame. Se recordas (e comprendes) todo o teu formulario, serás capaz de facer case calquera problema.
Aquí poño o meu formulario persoal. Podes usalo, pero o ideal é que cada persoa faga o seu, acorde aos seus gustos, abreviaturas, etc
Recoméndoche comezar por onde che apeteza máis e facer uns poucos problemas dese bloque, despois seguir con outro bloque relacionado e así pouco a pouco…
Podes conseguir fácilmente exemplos de exercicios por moitas canles. Aquí poño algúns resoltos que poidan servir de guía e comprobes se están ven feitos.
OLLO! Pode haber erros. Se detectades algún contactade comigo e tento corrixilo.
Corrente Continua CC
Condensadores
Corrente Alterna CA
Trifásica
Transformadores
Motores CC
Motores CA